Monday 06 de May de 2024

Visita alumnado CPR Artai


O alumnado de 3º e 4º cursos do colexio Artai visitou o concello, e aínda que houbo que facer algúns cambios no percorrido habitual que realizamos nas visitas escolares, non faltou o “interrogatorio” a Evencio Ferrero, nesta ocasión na Alcaldía, nin o percorrido polas dependencias da Policía Local e a Oficina Técnica Municipal.

E hoxe, ademais, os nenos e nenas subiron ao máis alto do edificio consistorial para ver desde dentro o reloxo que tantas veces lles lembra que é hora de merendar.